07/11/2013

Cinco anos de orellapendella



Orellapendella acaba de facer cinco anos. Un lustro xa deste verdadeiro tesouro virtual que tanto leva feito por recoller e difundir a nosa literatura infantil de tradición oral. Xogos, trabalinguas, acumulativos, recitados, cancións e moitas outras mostras de enorme valor lúdico e didáctico, que ademais van ampliandose con achegas dos seus seguidores.

Aló polo outono do 2008, Carlos Yus (responsable de contidos) e Kiko Fernández (responsable técnico) decidiron poñer en marcha este proxecto. Axudaban así a encher un triste baleiro neste tipo de recursos.

Por sorte, a semente botou raices, medrou e hoxe orellapendella florece como unha ferramenta imprescindible para estudantes, profesores e pais.

Aquí deixo un vídeo que demostra ás claras o seu éxito. Grazas aos amigos de galegoenlondres, podemos ver un grupo de alumnos e alumnas de Educación Primaria do IE Cañada Blanch de Londres amosando os seus avances en galego con distintas formas de botar as sortes. Todas elas tomadas de... Orellapendella.



Parabéns e longa vida!

2 comentarios:

Orella Pendella dixo...

Saúdos desde Orella Pendella.
Cun pouquiño de atraso, queremos agradecervos que vos fagades eco de Orella Pendella. Parabéns polo vídeo dos rapaces, quedou moi xeitoso.

Carlos L. Medrano dixo...

Non hai de que! Longa vida a Orella Pendella!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...