Está claro que a relación entre poesía e canción é estreita, e moitas veces a fronteira é difusa. Por algo son algúns músicos considerados tamén poetas, e a musicalidade é clave en calquera composición poética. Por iso tamén, son moitos os grupos musicais que queren converter os seus poemas favoritos en cancións.
A literatura galega non escapa a esa tendencia e moitos poemas en galego, de todas as épocas e estilos, teñen sido levados a cancións. Sen dúbida todos coñecemos a ‘Negra sombra’ de Rosalía de Castro, cantada por Luz Casal, pero hai moitos máis exemplos.
Así comeza «10 poemas galegos que se converteron tamén en cancións», un artigo de Disquecool do 20 de agosto do 2015 no que propoñían un ránking das 10 mellores adaptacións musicais de poemas da nosa literatura.
A idea gustoume, así que, aproveitando a data de hoxe, 17 de maio, deixo aquí a miña particular escolma das dez mellores cancións galegas nadas da inspiración dun poeta e dun músico. Dous criterios básicos: que se puidesen atopar en vídeo na rede e non repetir ningún título da listaxe de Disquecool. Aí van: do 10 ao 1.
10. RADIO OCÉANO - Narcisismo (Lois Pereiro)
6. DIOS QUE TE KREW - Deitado frente ao mar (Celso Emilio Ferreiro)
5. FUXAN OS VENTOS - O carro (Manuel María) (Música: Baldomero Iglesias)
3. OWAIN PHYFE - Quantas sabedes amar amigo (Martin Codax)
1. AMANCIO PRADA - Adios rios, adios fontes (Rosalía de Castro)
Cales son as túas dez?
9. LUAR NA LUBRE - Olla meu irmao (Celso Emilio Ferreiro) (Música: Miro Casabella)
8. FANNY + ALEXANDER - Amei-te tanto (Pilar Pallarés)
7. NAJLA SHAMI - Camiño Branco (Rosalía de Castro)
6. DIOS QUE TE KREW - Deitado frente ao mar (Celso Emilio Ferreiro)
4. MUTENROHI - Eu en ti (Celso Emilio Ferreiro)
3. OWAIN PHYFE - Quantas sabedes amar amigo (Martin Codax)
2. MINI E MERO - Penélope (Xosé María Díaz Castro) (Música: Baldomero Iglesias)
1. AMANCIO PRADA - Adios rios, adios fontes (Rosalía de Castro)
Cales son as túas dez?
Ningún comentario:
Publicar un comentario