Un dos xogos que mellor funciona cos pequenos aos que lles dou Inglés son os deseños nos que o debuxo dun elemento xorde, como por arte de maxia, a partir da palabra que o designa. Por Internet circulan moitos exemplos.
Os primeiros que adoito facer con eles, pola súa sinxeleza, son o de boy e o de girl. Tempo despois, cando comezamos a traballar o vocabulario dos animais, veñen outros como os de dog, cat, bee, owl...
Unha verdadeira marabilla de actividade para a que non se precisa unha destreza especial no debuxo e que lles permite memorizar de forma lúdica e creativa estas palabras. Sempre van para a casa entusiasmados e impacientes por lles amosar o truco aos seus maiores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario