Como andas de inglés? E de agudeza visual? Hoxe, un sinxelo xogo co que poñer a proba estas dúas destrezas. Es quen de atopar seis palabras agochadas en cada unha destas ilustracións? Unha pista, as voces teñen relación coa escena que se presenta.
Un pasatempo certamente entretido que está de moda na arañeira e que ten algo de «buscando a Wally» e de sopa de letras. Se es dos que gozan con este tipo de xogos, adiante! Ponte a proba!
Mágoa non dispor doutros semellantes en galego. Algún ilustrador ou ilustradora dispoñible por aí?
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
Ningún comentario:
Publicar un comentario