Letra X
Master ES (1420-1468) foi un excepcional gravador e orfebre alemán non identificado do periodo gótico tardío. Recibe este nome polo monograma que aparece en moitas das súas láminas: M+S.
Entre os seus traballos máis brillantes atópase un alfabeto coñecido como «Grotesque figures» ou «Fantastic Alphabet», realizado entre 1470-1475. Vinte e tres pranchas que amosan a excelencia da súa técnica e o seu agudo sentido do humor e da sátira. Cada letra representa unha escena ou tema e xorde da combinacion de monstros, seres híbridos, campesiños, relixiosos, animais...
Ao parecer, ningún museo é posuidor dun alfabeto completo. Só é posible ver todas as letras se se viaxa dun a outro: Oxford, Londres, Berlín, Dresde... Ou, como alternativa máis económica, tamén aquí. A gozar!
Letra E
Letra M
Letra I
Letra D
Ningún comentario:
Publicar un comentario