9 de out. de 2017

Coñeces a Otto Salas?


Á par da muller barbuda ou do becerro de dúas cabezas, aquí temos a Otto Salas, o incrible «Home Capicúa»! Como descubrimos na escena, este individuo posúe o estraño don de falar exclusivamente con palíndromos. Así sabemos, por exemplo:
que estudou moito na súa nenez (Sorbí libros),
que no colexio non o trataban moi ben (Sopapos y sopapos),
que escribiu unha novela sobre a súas malas experiencias co profesorado (El birrete terrible),
que viviu no rural onde se converteu nun experto en aves (Sé capar rapaces),
que recoñece a súa propia habilidade cos textos simétricos (Sé ver ese revés). 
En fin, unha mágoa que fose tan efémera a aparición do señor Salas aló polo 2006 en «El Hombre Capicúa», sketch do espectáculo Mi ministerio del interior do grupo teatral madrileño Ron Lalá, autodefinido como «compañía de humor, teatro e música».

Se cadra, algún día, da man destes cómicos con aire aos Les Luthiers, volveremos escoitar a impecable verborrea reversible de Otto Salas.


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...