Lin por algures que resolver encrucillados é como dar solución a un crime perfecto. Tamén ten algo de xadrez, polo exercicio mental e por ese taboleiro de cadros brancos e negros. Nestes anos de crise, este xogo resulta máis útil ca cen libros de autoaxuda e, abofé, unha forma ben asequible de matar o tempo. Claro que máis entretén aínda crear o encrucillado: esquecer eses programas que automatizan o proceso e xogar a ser cesteiro que entretece palabras ata dar coa malla perfecta.
Hai xa tempo faláravos de Victor Orville e a orixe dos encrucillados? Unha historia que me engaiolou pola súa beleza, mais completamente apócrifa. O certo é que, á hora de se atribuír o mérito da invención deste pasatempo, o señor Orville pouco ten que facer ao lado de Arthur Wynne. Sexa cal for a fonte que se consulte, Wynne é o verdadeiro creador do primeiro encrucillado, aínda que a súa historia sexa moito menos «interesante».

No ano 1913, o xornalista Arthur Wynne recibiu o encargo de deseñar un crebacabezas para a edición de Nadal do Fun, suplemento infantil semanal do periódico New York World. Wynne sabía que debía renovar a oferta lúdica do suplemento, así que repescou da súa memoria un xogo tradicional denominado «cadros máxicos»: o resultado foi a grella en forma de diamante da esquerda (publicada o 21 de decembro). O crebacabezas, como é lóxico, tamén contaba coas instrucións para solucionalo: «Enche os cadros con palabras que estean de acordo coas seguintes definicións».
E así foi como naceu, de xeito oficial, o primeiro encrucillado. Un pasatempo que de inmediato se fixo popular e que, en poucos anos, se estendeu pola prensa de todas as latitudes adoptando novas formas e estilos.
Poñede a proba o voso nivel de inglés e animádevos a resolver este encrucillado. Neste enlace podedes dar cunha edición clara del (e tamén da súa
solución). Un entrañable xogo de palabras que xustiño hoxe fai 100 anos de vida!