Amosando publicacións coa etiqueta Marilyn Monroe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marilyn Monroe. Amosar todas as publicacións

28 de mar. de 2014

Os caricatipos de Felipe Guga


Tes pouca habilidade co lapis? Cres que debuxar non é o teu? Daquela, non te preocupes, sempre podes poñerte a xuntar letras para crear os teus propios deseños. Repara na súa forma, xíraas en calquera sentido, busca a posición máis correcta, combínaas sen parar... Cun chisco de xeito e de paciencia poderás crear fermosos debuxos.

Iso si, se cadra non tan brillantes coma os «caricatipos» creados polo deseñador brasileiro Felipe Guga, no ano 2008, para o xornal Folha de São Paulo. Unha serie de doce pinacogramas que acompañaban cadansúa foto de estrelas do cine: Marilyn Monroe, James Dean, Charles Chaplin... De novo, unha das miñas debilidades: o fascinante poder estético tipografía.




E lembra, se queres dedicarte á arte do retrato con letras, a túa mellor ferramenta é robotype. Adiante!

22 de feb. de 2014

A arte retratista de Paulo Freixinho








Paulo Freixinho é autor de «palavras cruzadas» para diversas publicacións periódicas portuguesas: Caras, Público ou Jornal de Notícias entre outros. Un dos ludolingüistas máis importantes de Portugal ao que, sen dúbida, lle dedicaremos máis entradas.

Hoxe, como acabades de comprobar, toca unha das súas facetas máis orixinais: a de retratista en grellas de encrucillados. Aí están as faces «pixeladas» de John Lennon, Caetano Veloso, Spock, Fernando Pessoa, Ana Frank, Nelson Mandela, Marilyn Monroe e... o Ecce Homo de Borja.  Unhas pezas que o autor chamou «Rostos em grelhas de Palavras Cruzadas» e que non podo deixar de asociar coa arte pop de Warhol. Brillante!

Así explicou Freixinho como xurdiu a idea:
As Palavras Cruzadas com Arte reflectem o meu lado mais artístico [...] Fui desenhador gráfico, artesão e sempre gostei de pintar. [...] Achei que seria interessante e original passar a temática das Palavras Cruzadas para as telas.
Artes plásticas e encrucillados, unha combinación xenial!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...