Amosando publicacións coa etiqueta Maurits C. Escher. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maurits C. Escher. Amosar todas as publicacións

1 de maio de 2014

Tipografías imposibles


Maurits C. Escher, que eu saiba, non se dedicou nunca ao deseño de fontes tipográficas. Imaxino que hoxe estaría encantando con creacións como a que encabeza a entrada. Un enredo curspidiño aos seus paradoxos visuais: por moi perfecto que pareza ese elemento, o noso cerebro recoñece que é fisicamente imposible.


Deseñadores gráficos de todo o mundo xogan a crear letras que encerran candansúa ilusión óptica, unha xeometría tridimensional imposible. De aí o seu nome: «tipografías imposibles». Alfabetos de poder case hipnótico froito de imaxinacións endiañadas.

Frustro, de Martzi Hegedűs (Hungría)


Macula, de Jacques Le Bailly (Holanda)


 Isosabilia, Rodrigo Fuenzalida (Venezuela)


The Impossible Alphabet, Alan Tran (Estados Unidos)


21 de dec. de 2012

Do 20022002 ao 02022020


Que tempos aqueles, hai xa máis de 10 anos! Con todo, Lorenzo Milá equivocábase: a efémeride da seguinte data simétrica non se repite hoxe (21-12-2012), senón que o fixo o pasado 21 de febreiro (21-02-2012). E a próxima data capicúa non será no 2013, xa que non existe o 31 de febreiro (31-02-2013). Pola mesma razón tampouco se dará no 2014, nin no 2015... A proxima data deste tipo terémola no 2020 (02-02-2020). Iso si, agradécese a definición concisa e clara de ambigrama que nos ofrece Milá. Xa abordamos este xogo lingüístico e visual nunha entrada anterior. A verdade é que sempre asociei os ambigramas a esas hipnóticas imaxes que presentan dúas interpretacións ao rotalas 180º. Por exemplo:


E tamén me lembran os debuxos paradóxicos do xenial artista gráfico Maurits C. Escher.

En todo caso, para os amantes destes enredos aí van unhas ligazóns de interese. Nesta ligazón, nesta e nestoutra tedes fermosos exemplos de voces ambigramáticas. Nesta páxina podedes atopar ambigramas dunha gran cantidade de nomes propios. E aquí é posible ver como se crea, paso a paso, un ambigrama cun sinxelo programa de deseño gráfico.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...