Xa limos
aló atrás opinións que sostiñan, non sen retranca, que os galegos tiñamos certa incapacidade para crear nomes comerciais con xeito.
Un bo nome comercial debe cumprir tres regras básicas:
Ser fácil de memorizar.
Conseguir unha boa identidade visual.
Transmitir ideas e emocións que simbolicen o que se espera da marca.
Se a isto se lle engaden unhas pingas de saber ludolingüístico, o resultado pode ser brillante. Ben o saben
publicistas e deseñadores gráficos.
Calquera recurso vale: o
acrónimo (por exemplo: «
Eroski», combinación das voces éuscaras
erosi ‘comprar’ e
toki ‘lugar’, traducible como ‘lugar onde comprar’), o
ambigrama (por exemplo: «
oysho», a división de lenzaría do grupo Inditex)...
A foto que encabeza o comentario de hoxe amosa unha nova doa no colar das nosas fermosas marcas de empresa:
«Vide, vide!», un espazo enocultural no mesmo centro de Compostela. Unha denominación de alma ludolingüística que enreda coa homonimia entre
vide ‘planta arbustiva que dá uvas’ e
vide ‘imperativo de
vir’. Un nome, en definitiva, de doada memorización, visualmente simple e que transmite á perfección a idea de convite a gozar do viño e doutros moitos praceres (
gastronómicos e culturais).
Longa vida ao «Vide, vide!»