Amosando publicacións coa etiqueta metáfora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta metáfora. Amosar todas as publicacións

24 de xan. de 2018

Chico Buarque: ludolingüista [3]



Chico Buarque regresa hoxe a Xogosdelingua. Xa soubemos do seu gusto polo xogo verbal con «Roda viva» e con «Construção». Desta volta, gozaremos da súa magnífica «Ode aos ratos». 
Ode aos ratos
Rato de rua
Irrequieta criatura
Tribo em frenética proliferação
Lúbrico, libidinoso transeunte
Boca de estômago
Atrás do seu quinhão
Vão aos magotes
A dar com um pau
Levando o terror
Do parking ao living
Do shopping center ao léu
Do cano de esgoto
Pro topo do arranha-céu
Rato de rua
Aborígene do lodo
Fuça gelada
Couraça de sabão
Quase risonho
Profanador de tumba
Sobrevivente
À chacina e à lei do cão
Saqueador da metrópole
Tenaz roedor
De toda esperança
Estuporador da ilusão
Ó meu semelhante
Filho de Deus, meu irmão
Rato
Rato que rói a roupa
Que rói a rapa do rei do morro
Que rói a roda do carro
Que rói o carro, que rói o ferro
Que rói o barro, rói o morro
Rato que rói o rato
Ra-rato, ra-rato
Roto que ri do roto
Que rói o farrapo
Do esfarra-rapado
Que mete a ripa, arranca rabo
Rato ruim
Rato que rói a rosa
Rói o riso da moça
E ruma rua arriba
Em sua rota de rato
Aínda que se adoita considerar o rato como un ser repugnante, nesta canción non. Buarque escolle figura do rato como metáfora do ser humano: «Ó meu semelhante / filho de Deus irmão». Os ratos posúen unha capacidade adaptativa que lles permite sobrevivir e proliferar nos máis diversos ambientes, como o home. Esa masa de roedores representa a capa máis humilde da poboación, que vive ou sobrevive nas rúas das grandes cidades.

Na súa loita pola supervivencia, a xente humilde, como os ratos, desenvolve unha actividade constante e frenética, representada maxistralmente pola aliteración dos vibrantes erres da derradeira estrofa. Os ratos-homes a roer sen descanso. Un xogo lingüístico que reta a dicción do falante máis habilidoso, como nalgúns dos nosos trabalinguas tradicionais:
Un lobo rubio roe un loro duro.
Se un lobo rubio o roe, un loro duro o remoe.
Outro exemplo máis da arte ludolingüística de Chico Buarque.

2 de xan. de 2016

Dixit: a linguaxe e a imaxinación ao poder



Para comezar o ano, ocorréuseme unha recomendación. Agora que moitos andamos na busca de agasallos de Reis, se vos gustan os bos xogos de mesa, aí vai unha idea que de seguro garantirá grandes momentos de diversión en grupo: Dixit.

Hai uns días descubrín este xogo, ideado polo francés Jean-Louis Roubira, e foi toda unha sorpresa. 

Os elementos básicos: uns coelliños de cores (boa chiscadela á nosa amada Alicia) que representan cadanseu xogador, un taboleiro só para rexistrar o avance en puntos dos participantes e un conxunto de 84 cartas diferentes fermosamente ilustradas por Marie Cardouat.

 

O proceso, de forma sintética, é o seguinte:
A) Repártense cinco cartas por xogador e un deles actúa como «narrador/a». Este debe escoller unha das súas imaxes e idear unha frase ou título que represente o seu contido. Di a frase en voz alta e pon a carta no centro da mesa boca abaixo.
B) Deseguido, cada un dos demais xogadores escolle entre as súas cartas a que mellor se poida asociar a ese mesmo «título». Todas esas tarxetas son postas boca abaixo no centro e barállanse para que non se saiba de quen é cada unha.
C) Despois de mesturar as cartas, póñense boca arriba sobre a mesa. É o momento de que todos, agás o «narrador/a», indiquen cal supoñen que é a carta que pertencía a este.
D) Un xogador consegue puntos por adiviñar a carta do «narrador/a» e tamén por conseguir que outros voten pola súa propia carta, aínda que non sexa a correcta.
E) Por quendas, vai cambiando o rol de «narrador/a» ata que alguén gaña ao chegar a un número estipulado de puntos.
Seguro que á primeira vista pode parecer que todo se reduce a adiviñar cartas, mais podo asegurarvos que o xogo vai moito máis alá. Hai unha regra simple que lle dá o seu aquel e cámbiao todo: o «narrador/a» non obtén ningún punto se todos os xogadores adiviñan a súa carta e tampouco obtén puntos se ninguén o fai. Daquela, o que se pon en xogo é:
— De seres «narrador/a», a túa capacidade para usar a faceta evocadora e metafórica da linguaxe, pois o «título» non debe ser tal literal que sexa interpretado por todos, nin tan simbólico que ninguén o descubra.
— De seres «oínte», a túa imaxinación e a túa empatía para interpretar con tino o enunciado do «narrador/a».
En definitiva, un xogo de lingua oral sinxelo, creativo e dinámico, ideal para xogar con nenos (de máis de 8 anos), en familia ou con amigos. Sen necesidade de pilas, nin accesorios. E apto para calquera lingua.

Un xogo multipremiado para voar coa imaxinación e xogar coa linguaxe, porque, como ben dixo Salman Rushdie, «a linguaxe e a imaxinación non poden ser aprisionados».

4 de feb. de 2014

Chico Buarque: ludolingüista [1]



Quen imaxinaría a Caetano Veloso, Gilberto Gil, Chico Buarque e Roberto Carlos, entre outros, a competir nun concurso musical máis próximo a un espectáculo de pressing catch ca a un festival convencional? Pois tan insólito encontro foi real: 1967, III Festival de Música Popular Brasileira. Entre aplausos e apupos dun público apaixonado, soaron as pezas destes artistas únicos (uns mozos daquela). O gañador... Edu Lobo. Recomendo vivamente, de terdes un par de horiñas, gozar do documental «Uma noite en 67»

O vídeo do inicio corresponde á interpretación de «Roda viva», do xenial Chico Buarque. Un tema a ritmo de samba que, como vemos, cativou o público do festival. Velaí vai a letra completa:
Tem dias que a gente se sente
Como quem partiu ou morreu
A gente estancou de repente
Ou foi o mundo então que cresceu...
A gente quer ter voz ativa
No nosso destino mandar
Mas eis que chega a roda viva
E carrega o destino prá lá...
Roda mundo, roda gigante
Roda moinho, roda pião
O tempo rodou num instante
Nas voltas do meu coração...
A gente vai contra a corrente
Até não poder resistir
Na volta do barco é que sente
O quanto deixou de cumprir.
Faz tempo que a gente cultiva
A mais linda roseira que há
Mas eis que chega a roda viva
E carrega a roseira prá lá...
Roda mundo, roda gigante
Roda moinho, roda pião
O tempo rodou num instante
Nas voltas do meu coração...
A roda da saia mulata
Não quer mais rodar não senhor
Não posso fazer serenata
A roda de samba acabou...
A gente toma a iniciativa
Viola na rua a cantar
Mas eis que chega a roda viva
E carrega a viola prá lá...
Roda mundo, roda gigante
Roda moinho, roda pião
O tempo rodou num instante
Nas voltas do meu coração...
O samba, a viola, a roseira
Que um dia a fogueira queimou
Foi tudo ilusão passageira
Que a brisa primeira levou...
No peito a saudade cativa
Faz força pro tempo parar
Mas eis que chega a roda viva
E carrega a saudade prá lá...
Roda mundo, roda gigante
Roda moinho, roda pião
O tempo rodou num instante
Nas rodas do meu coração...
(4x)
Con este texto, Buarque conseguiu canear a censura da ditadura brasileira daquel tempo, pouco espelida polo que se ve, pois non deu recoñecido a metáfora da roda. Ante os desexos de liberdade («A gente quer ter voz ativa. / No nosso destino mandar»), esa «roda viva» representa o goberno militar da época, que unha e outra vez convertía en fracaso calquera tentativa de progreso («Mas eis que chega a roda viva / E carrega o destino prá lá»). E todo isto camuflado entre versos aparentemente inocentes e infantís («Roda mundo, roda gigante. / Roda moinho, roda pião»).

Un xogo de encriptación moi común en contextos de censura e represión. E a guinda... «Roda viva», que lida ao revés é «A viva dor», un bifronte que expresa á perfección o sufrimento e a carraxe ante a opresión. «Roda viva é a viva dor», aí queda o palíndromo do Buarque.

E diredes que desvarío, que ando a buscarlle tres pés ao gato. Podería ser, mais... sabedes que Chico Buarque é un dos mellores palindromistas en lingua portuguesa? Aquí vos deixo algúns dos seus enredos simétricos:
A miss é péssima!
Amora me tem aroma.
Acata o danado... e o danado ataca!
Assim, a sopa só mereceremos após a missa.
Até Reagan sibarita tira bisnaga ereta.
En fin, amante do palíndromo e da metáfora, dálle de novo ao play e... «adora a roda!».
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...