E velaquí un capítulo máis da nosa «Gramática xeroglífica». Á hora de descifrar os xeróglifos, outro factor que convén considerar é a posición dos elementos que os forman. Noutras palabras, é pertinente a relación espacial entre eses signos: un elemento pode estar sobre outro, ou baixo outro, ou con outros, ou entre outros... Estas posicións poden ser descritas por distintos procedementos gramaticais:
Adverbios de lugar: arriba, abaixo, fóra...
Preposicións: ante, baixo, con, en, entre, sobre, tras, enriba de...
Por outra banda, eses elementos (letras, números, figuras...) poden aparecer en posición invertida, é dicir, poden aparecer boca a abaixo. Isto supón que na solución do xeróglifo se inclúe tamén ao revés a palabra con que designamos ese elemento (un - nu, río - oír...). Esta inversión de palabras recórdanos á técnica do palíndromo vista nunha entrada anterior.
Poñamos en práctica todo isto. Alguén se anima a resolver os seguintes xeróglifos?
![]() |
| Que tal funciona o teu reloxo? |
![]() |
| Cando ten que entregar Xoán os informes? |
![]() |
| Quen cres que desvelou eses segredo de Paulo? |
![]() |
| Onde naceu Paula? |
Solucións aos xeróglifos (19-4-2012): Vinte animalo (Vinte animal o) / Nove repetidores (Nove repetido res) / Xogando (X o gando) / Eva catorce (E vaca torce)
























