Imos quentando motores! Á volta da Semana Santa, no Fogar de Santa Margarida da Coruña retomamos a aventura dos 21 DÍAS EN GALEGO, esa fantástica experiencia que naceu hai uns anos da man da rapazada da Pobra do Caramiñal.
Este ano esperamos poder compartir parte das actividades cos alumnos e alumnas do IES desta vila da Ría de Arousa e tamén cos do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Para eles, e para todos os que queiran, vai este «Pasagalego».
Aceptade o reto e dedicade uns minutos a poñer a proba o voso vocabulario. Cantas acertades?
Aló vai o primeiro día de primavera. Á espera do primeiro día primaveral, aquí queda un abecedario feito con gromos, follas e floreciñas naturais. Así é o engaiolante BlossomType, un proxecto da diseñadora gráfica Alice Mourou cando traballaba para a axencia Zero de Moscova.
O seguinte vídeo permite que nos fagamos unha idea do esforzo meticuloso que supuxo crear a man cada letra e cada número. Unicamente empregou o photoshop para corrixir ou definir a cor dalgunhas flores.
Visitando a web do proxecto tamén podedes atopar un xerador automático de texto con esta delicada tipografía botánica. Probade!
Imagina um texto que não muda nenhuma palavra, mas quando você inverte a ordem de leitura, todo o sentido muda. Esse é o novo «Desafio de Rima»: lendo de cima pra baixo temos uma visão negativa da humanidade, mas quando lido de baixo pra cima, tudo se inverte, e temos uma visão totalmente positiva da humanidade. A resposta não está nas coisas, mas na forma como olhamos pra elas.
Así se presenta outro dos «desafíos de rima» do noso admirado Fábio Brazza na súa canle de Youtube. Unha técnica, a do texto reversible, que cambia por completo o seu sentido segundo se lea nun sentido ou noutro. Porque xa sabedes que nun palíndromo sintáctico non é mesmo o camiño de ida [Meu umbigo+ É muito mais importante que + Meu amigo] que o de volta [Meu amigo+ É muito mais importante que + Meu umbigo]. Acabamos de ver este recurso no ámbito da publicidade xustiño no post anterior, mais tamén aquí ou aquí.
Deseguido, a letra completa desta nova marabilla do rap ludolinguístico do amigo Brazza.
Vocês vão ver O amor pelo poder Vai vencer com louvor O poder do amor Pode crer Meu umbigo É muito mais importante que Meu amigo Com convicção eu vos digo Lucro ao máximo Vai superar o Amor ao próximo Solitários e sós E não Solidários entre nós Nascemos para viver assim Eu juro A humanidade tem futuro Esqueça essa mentira Vamos continuar no escuro Dominados por nossa ira Tem quem duvide e diga A maioria sempre quis união Gahndi fez revolução sem briga Jesus dividiu o pão E mesmo assim A humanidade sempre esteve partida Esqueça essa bobagem Aprenda a levar vantagem Ser humano com apreço Vamos substituir por Ser humano com preço Esse é o pensamento do mundo inteiro Eu seria estúpido se dissesse Não é pelo dinheiro O objetivo É dominar você O verdadeiro poder Está em dominar o outro A utopia do louco “O amor é o caminho da felicidade” Eu não acredito O mundo está perdido e quem venceu foi a maldade Já não posso dizer Tenho fé na humanidade Basta ver! Cadê a bondade? Será preciso reverter tudo para enxergar a verdade
Hoxe, vía Adsoftheworld, un vídeo publicitario que me fascinou pola súa sensibilidade, pola súa forza e tamén pola súa estrutura palindrómica. No centro da cuestión: La précarité peut anéantir notre part d'humanité (‘A precariedade pode destruír a nosa humanidade’) ou Notre part d'humanité peut anéantir la précarité (‘A nosa humanidade pode destruír a precariedade’)?
A loita contra a exclusión comeza co xesto máis sinxelo: mirando o outro, prestándolle atención, recoñecéndose nel. Isto é o que destacou a axencia francesa Altmann + Pacreau neste anuncio para a súa colaboración coa Fondation Abbé Pierre, unha ONG que acolle xente sen fogar, procura mellorar as condicións das vivendas dos máis desfavorecidos ou axuda a previr os desafiuzamentos.
As estatísticas amosan que en Francia, un deses países que consideramos á cabeza do progreso económico, 4 millóns de persoas viven en vivendas de baixa calidade, 150.000 persoas están sen fogar e 20.000 persoas viven todos os días directamente na rúa. A simple perda do traballo pode abocar a calquera a esa situación.
Ademais da campaña en vídeo, tamén deseñaron carteis impactantes coma este. Imaxe e slogan que amosan o paradoxo da exclusión: L’exclusion n’exclut personne (‘A exclusión non exclúe a ninguén’). Chapeau!
O cubo en cuestión é de 4x4x4. Nas caras dos minicubos aparecen letras co seu valor en puntos e tamén hai caras multiplicadoras.
Os xogadores, por quendas, teñen 90 segundos para manipular o cubo ata formar unha palabra en liña recta en calquera dirección. Ademais os xogadores tamén obteñen bonificacións se a súa palabra cobre máis dunha cara ou se se cruza cunha palabra creada previamente. Un crebacabezas de proporcións épicas!
Para facervos unha idea, esta é a súa disposición de letras inicial.
O retrato superior é de Su Hui, talentosa poeta chinesa do século IV coñecida polo nome de cortesia de Ruolan («como unha orquídea»).
Grazas a Miro Villar e a Cibrán Arxibai souben desta muller e do seu incrible poema palindrómico coñecido como o Xuanji Tu. Trátase dun enxeñoso conxunto de 841 caracteres distribuídos nunha grella que pode ser lida en calquera dirección (cara a adiante e cara a atrás; en vertical, horizontal ou diagonal). Nesta xoia da combinatoria é posible ler, ao parecer, 2848 posibles poemas diferentes.
Su Hui, empregou fíos de seda de cinco cores e dividiu o poema nunha especie de áreas. Cada unha delas posúe un conxunto específico de regras que indican como debe ser lido o texto.
Para saberdes máis sobre este prodixioso poema (a historia de amor que leva asociada, algunha proposta de tradución...), recoméndovos este artigo de mujeresconciencia, escrito por Marta Macho Stadler profesora do Departamento de Matemáticas da UPV/EHU.