14 de maio de 2012

Unha grata sorpresa

Onte xogosdelingua recibiu unha boa noticia. Desde trafegandoronseis decidiron agasallarnos co honorífico Liebster Blog («o meu blog favorito», en alemán).


Sempre é motivo de alegría saber que as achegas dun blog «novato» coma este son ben recibidas; mais se o recoñecemento vén dunha bitácora referente que admiro e sigo con asiduidade (e que xa superou hai tempo as 5000 entradas), a satisfacción aínda é maior.


Con orgullo lucirei na barra lateral o logo deste galardón simbólico.

O Liebster Blog é unha iniciativa que xorde cun «positivo espírito viral»: os autores/as dos blogs premiados poden, se o desexan, contribuír a multiplicar a cadea de recoñecementos coas seguintes normas:
  • Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo con aquel que cho otorgou
  • Premiar outros cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para lles notificar que gañaron o premio.
  • Confiar en que continúen a cadea premiando á súa vez os seus cinco blogs preferidos.
Daquela, velaí van os meus cinco blogs favoritos (por orde alfabética).

aprofa.blogspot.com.es: pola súa xenerosidade en propostas, materiais, iniciativas...

ascandongasdoquirombo.wordpress.com: por compartiren esas experiencias artísticas tan fascinantes.

bemilladoiro.blogspot.com.es: polo seu compromiso de anos coa lectura e coa educación.

humorgz.blogaliza.org: polo refacho de aire fresco que nos trae o seu humor irreverente.

ollapoloburatinho.blogspot.com.es: por permitirnos descubrir tantas cousas ao outro lado do buratiño.

2 comentarios:

  1. Ola Carlos.
    Moitas grazas!!!!!!!
    É un pracer traballar sabendo que hai persoas coma ti do outro lado valorando o que se fai.
    Perdoa pola tardanza na resposta, pero é que a semana pasada foi de vértigo!!!!
    Unha aperta moi agarimosa

    ResponderEliminar
  2. Que menos!
    Espero poder seguir descubrindo cousas marabillosas polo buratiño.
    Un bico.

    ResponderEliminar