Uf! Que días de tolos! Un tan cómodo no seu anonimato e, de súpeto, con motivo da cifra redonda dos 10000 xeróglifos, a xente de La Voz decide dedicarme a contra do xornal o mesmiño Día das Letras, e con vídeo na web incluído. Graciñas mil a María Cedrón e a Paco Rodríguez polo seu traballo.
E pola tarde unha nova sorpresa: a chamada de La Ventana, da cadea Ser, para unha entrevista! Aquí vos deixo o audio da charla con Carles Francino (entre os minutos 39:00 e 47:20).
E pola tarde unha nova sorpresa: a chamada de La Ventana, da cadea Ser, para unha entrevista! Aquí vos deixo o audio da charla con Carles Francino (entre os minutos 39:00 e 47:20).
En fin, desculpade esta paréntese autorreferente no blog. Estou, como diría alguén que coñezo, que non me colle un gran de millo no cu! Ha, ha!
Cun mes de atraso, pero todos os meus parabéns.
ResponderEliminarGraciñas, Pilar.
ResponderEliminarCousas de ir un facéndose vello: axiña pasan 10000 días! ;-)