Amosando publicacións coa etiqueta palíndromo sintáctico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta palíndromo sintáctico. Amosar todas as publicacións

16 de mar. de 2018

O «Pensamento inverso» de Fábio Brazza


Imagina um texto que não muda nenhuma palavra, mas quando você inverte a ordem de leitura, todo o sentido muda. Esse é o novo «Desafio de Rima»: lendo de cima pra baixo temos uma visão negativa da humanidade, mas quando lido de baixo pra cima, tudo se inverte, e temos uma visão totalmente positiva da humanidade. A resposta não está nas coisas, mas na forma como olhamos pra elas.
Así se presenta outro dos «desafíos de rima» do noso admirado Fábio Brazza na súa canle de Youtube. Unha técnica, a do texto reversible, que cambia por completo o seu sentido segundo se lea nun sentido ou noutro. Porque xa sabedes que nun palíndromo sintáctico non é mesmo o camiño de ida [Meu umbigo É muito mais importante que + Meu amigo] que o de volta [Meu amigo É muito mais importante que + Meu umbigo]. Acabamos de ver este recurso no ámbito da publicidade xustiño no post anterior, mais tamén aquí ou aquí.

Deseguido, a letra completa desta nova marabilla do rap ludolinguístico do amigo Brazza.
Vocês vão ver
O amor pelo poder
Vai vencer com louvor
O poder do amor
Pode crer 
Meu umbigo
É muito mais importante que
Meu amigo
Com convicção eu vos digo 
Lucro ao máximo
Vai superar o
Amor ao próximo 
Solitários e sós 
E não 
Solidários entre nós 
Nascemos para viver assim
Eu juro
A humanidade tem futuro
Esqueça essa mentira
Vamos continuar no escuro
Dominados por nossa ira
Tem quem duvide e diga
A maioria sempre quis união
Gahndi fez revolução sem briga
Jesus dividiu o pão
E mesmo assim
A humanidade sempre esteve partida
Esqueça essa bobagem 
Aprenda a levar vantagem
Ser humano com apreço
Vamos substituir por
Ser humano com preço
Esse é o pensamento do mundo inteiro
Eu seria estúpido se dissesse 
Não é pelo dinheiro 
O objetivo 
É dominar você 
O verdadeiro poder 
Está em dominar o outro
A utopia do louco 
“O amor é o caminho da felicidade” 
Eu não acredito 
O mundo está perdido e quem venceu foi a maldade 
Já não posso dizer 
Tenho fé na humanidade 
Basta ver! 
Cadê a bondade? 
Será preciso reverter tudo para enxergar a verdade

12 de mar. de 2018

A exclusión non exclúe a ninguén



Hoxe, vía Adsoftheworld, un vídeo publicitario que me fascinou pola súa sensibilidade, pola súa forza e tamén pola súa estrutura palindrómica. No centro da cuestión: La précarité peut anéantir notre part d'humanité (‘A precariedade pode destruír a nosa humanidade’) ou Notre part d'humanité peut anéantir la précarité (‘A nosa humanidade pode destruír a precariedade’)?

A loita contra a exclusión comeza co xesto máis sinxelo: mirando o outro, prestándolle atención, recoñecéndose nel. Isto é o que destacou a axencia francesa Altmann + Pacreau neste anuncio para a súa colaboración coa Fondation Abbé Pierre, unha ONG que acolle xente sen fogar, procura mellorar as condicións das vivendas dos máis desfavorecidos ou axuda a previr os desafiuzamentos. 

As estatísticas amosan que en Francia, un deses países que consideramos á cabeza do progreso económico, 4 millóns de persoas viven en vivendas de baixa calidade, 150.000 persoas están sen fogar e 20.000 persoas viven todos os días directamente na rúa. A simple perda do traballo pode abocar a calquera a esa situación.

Ademais da campaña en vídeo, tamén deseñaron carteis impactantes coma este. Imaxe e slogan que amosan o paradoxo da exclusión: L’exclusion n’exclut personne (‘A exclusión non exclúe a ninguén’). Chapeau!



Solución ás «palabras agochadas» (26-1-18):
1: net, penalty, goal, ball, kick, pass. 2: film, ticket, movie, sequel, candy, preview. 3: cow, apple, farm, sun, pick, barn. 4: colour, tarp, bucket, paint, roller, brush. 5: score, basket, net, court, hoops, dunk. 6: water, slide, pool, wet, float, swim. 7: music, yummy, red, hungry, cheese, party. 8: quiz, learn, write, report, study, test.

9 de mar. de 2014

A revirar o discurso político



Xa temos visto que os palíndromos son eses enunciados que se poden ler igual do dereito e do revés: ollo, a mala lama... Con todo, no referido á sintaxe, a orde dos factores si altera o produto. Por exemplo, non vos é o mesmo [ESE TEMA ESTÁ ESQUECIDO] [E NON CREAS QUE] [ESTOU ANOXADO CONTIGO] que [ESTOU ANOXADO CONTIGO] [E NON CREAS QUE] [ESE TEMA ESTÁ ESQUECIDO].

Este enxeñoso recurso ludolingüístico deu orixe á divertida curtametraxe «Mensaje Post-It-ivo» e agora temos a Berto Romero a recuperar un texto do escritor peruano Fernando de Trazegnies (aquí está nunha entrada de 1de3).

Unha creación que parodia con xenialidade a dobre lectura da linguaxe política. Olliño! Xa sabedes que decote nos queren vender gato por lebre!

29 de xul. de 2012

Unha curta palindrómica chea de humor

Como xa sabemos, o equivalente lingüístico ao número capicúa (17371) é a palabra palindrómica (radar): lese igual de atrás para adiante e de adiante para atrás.

Cando as secuencias palindrómicas se converten en versos, mesmo poden xurdir marabillosos poemarios como xa vimos no volume A torre da derrotA, de Gonzalo Navaza.

Mais... que ocorre cando ese camiño de ida e volta se aplica á estrutura dun texto máis amplo, aos seus elementos sintácticos (frases e oracións)? Pois que a mensaxe do texto deixa de ser simétrica, é dicir, o seu sentido pode cambiar por completo. Por exemplo, non é o mesmo [POLA TÚA CULPA] [XA SABEMOS QUE] [UXÍA MARCHOU] que [UXÍA MARCHOU] [XA SABEMOS QUE] [POLA TÚA CULPA].

Hai un tempo, grazas á inesgotable fonte de información e recursos que é trafegadoronseis, descubrín unha orixinal curtametraxe (en castelán) chea de humor que exemplifica ben esta idea.

Titúlase «Mensaje Post-It-ivo» e o seu autor, o Doctor Resaca, introduce así o seu argumento:
Un rapaz namorado decide sorprender a súa moza: cómpralle un iPod e baixa as súas cancións favoritas para gozaren xuntos delas.
Idea un xeito especial para lle dar o agasallo: acompañándoo dunha orixinal mensaxe de amor.
Todo está calculado. Nada pode saír mal.
Ou polo menos iso pensaba ;-) Aí vai o vídeo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...