Seica Albert Einstein, famoso pola súa Teoría da Relatividade, era afeccionado aos crebacabezas e aos xogos de enxeño. Cóntase que mesmo chegou a idear algúns. O máis difundido é «O crebacabezas de Einstein». Disque o científico afirmou que un 98% da poboación mundial non sería quen de resolvelo.
Se cadra, todo é unha historia apócrifa. En todo caso, aquí queda o enigma e o reto de resolvelo. Con algo de capacidade dedutiva e cun chisco de paciencia e de organización, seguro que moito máis do 2% pode dar coa solución. É o voso caso?
O crebacabezas de Einstein
Feitos:
Hai cinco casas de cinco cores distintas. En cada casa vive unha persoa de diferente nacionalidade. Estes cinco donos beben bebidas diferentes, fuman marcas de tabaco diferentes e teñen mascotas diferentes.
Datos:
1. O inglés vive na casa vermella.
2. A mascota do sueco é un can.
3. O danés bebe té.
4. A casa verde queda xusto á esquerda da branca.
5. O dono da casa verde toma café.
6. A persoa que fuma Pall Mall cría paxaros.
7. O propietario da casa amarela fuma Dunhill.
8. O home que vive na casa do centro bebe leite.
9. O noruegués vive na primeira casa.
10. O home que fuma Blend vive á beira do que ten un gato.
11. O home que ten cabalos vive a carón do que fuma Dunhill.
12. A persoa que fuma Blue Masters bebe cervexa.
13. O alemán fuma Prince.
14. O noruegués vive a carón da casa azul.
15. O home que fuma Blend é veciño do que bebe auga.
Pregunta:
Quen é dono do peixe?
Solución ao enigma «O enxeño en época de escaseza» (20-2-2017):
Con 3 cabichas faise un cigarro, que, ao final, dá unha cabicha. Esta, unida ás 3 que quedaban, fan un total de 4 cabichas. Empregamos outras 3 no segundo cigarro, recuperando del unha cabicha. Esta, unida á sobrante de antes, dá un total de 2.
Como poderemos daquela fumar ese terceiro cigarro?
Pídeselle emprestada una cabicha a alguén, o que nos permite, coas outras 2, facer o terceiro cigarro. Despois de fumalo, devolvémoslle a cabicha a quen nola empretara.
1 comentario:
A casa verde ten o pez
Publicar un comentario