En entradas anteriores observamos as posibilidades visuais da tipografía: eran os casos dos pinacogramas ou tamén das animacións coas letras en movemento. Agora, este post ímolo dedicar a unha das formas máis lúdicas e poéticas formas de debuxar: os caligramas.
Pódese definir caligrama como un poema con forma visual, é dicir, as súas palabras e os seus versos dispóñense debuxando imaxes. As súas orixes remóntanse á antigüidade, desde os poemas figurativos de Simias de Rodas no período helenístico ata os fermosos exercicios de caligrafía árabe.
Lewis Carroll (1832-1898) publicou o caligrama do rabo dun rato no capítulo III da súa fascinante Alicia no país das marabillas (1865). Con todo, o caligrama, tal como o entendemos hoxe, debémosllo ao poeta vangardista francés Guillaume Apollinaire (1880-1918). O título dunha obra súa, Calligrammes (1918), fusión dos termos caligrafía e ideograma, serviu para lle dar nome a estes poemas visuais.
Diversos autores galegos aventuráronse na elaboración de caligramas: Manuel Antonio, Uxío Novoneyra, Agustín Fernández Paz, Carlos Santiago, Emma Pedreira... Nesta ligazón podes ver algúns deles. E velaí van outras mostras.
Agustín Fernández Paz
Emma Pedreira
Anímate a crear os teus propios caligramas. E se queres facelo coa axuda das novas tecnoloxías, nesta ligazón e nestoutra tes xeradores automáticos de caligramas.
3 comentarios:
Xenial!
E as dúas ferramentas pra facelos son fantásticas.
Alégrome de que che gustasen! Graciñas
A min tamén axudoume moito, grazas.
Publicar un comentario