Aí falaches, José María! Un verdadeiro «coñazo», abofé! Pasaron xa dez anos desde este episodio de Aznar (no Parlamento Europeo) e consola ver como os propios protagonistas admiten, sen complexos, o carácter artificioso e soporífero do seu discurso.
Estamos xa en precampaña electoral e día a día podemos ver como o discurso político semellou quedar baleiro. Na maior parte dos casos, por desgraza, converteuse nunha mensaxe ritual e sen contido que só intenta enmascarar o evidente: a desvirtuación da democracia convencional e a súa subordinación ao poder dos mercados.
En fin, o curioso é que mesmo deste triste contexto a ludolingüística pode tirar partido. Propóñovos xogar coa seguinte táboa. É unha versión reducida da aparecida no artigo orixinal «O código universal do discurso político-burocrático», publicado na Revista de Varsovia (Zycie Varszawv) da Polonia comunista de hai máis de tres décadas.
Trátase dunha brincadeira estudantil que buscaba caricaturizar a artificiosidade e vacuidade da linguaxe política oficial. Empregar a táboa é ben doado:
— Comeza polo primeiro enunciado da primeira columna (Amigas e amigos...).As miles de combinacións posibles permiten crear un discurso fluído de varias horas. Un discurso interminable e, asemade, totalmente baleiro. Ánimo e a poñer en práctica a vosa habilidade como oradores do «bla, bla, bla»!
— Continúa con calquera frase da segunda columna, logo con calquera da terceira e despois con calquera da cuarta.
— O proceso repítese unindo de novo como se queira os enunciados das sucesivas columnas.
E a xeito de peche, convídovos a visitar esta ligazón e liberar gargalladas co cómico sevillano Alfredo Miñambre, lider do «Partido En Dous», que ridiculiza tamén, en ton de humor, o discurso político.
