Amosando publicacións coa etiqueta Lars Yencken. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lars Yencken. Amosar todas as publicacións

25 de maio de 2014

The Great Language Game


Vía microsiervos dei cun xogo de lingua fascinante: The Great Language Game (O Gran Xogo das Linguas). Creado polo enxeñeiro e lingüista australiano Lars Yencken, ten unha mecánica ben sinxela: ofrécese un pequeno audio no que se fala un idioma concreto e dúas, tres ou catro alternativas entre as que elixir. Se recoñeces a lingua e acertas, vas acumulando puntos. Mais cada erro costarache unha «vida», e só dispós de tres.

Das 6000 linguas que existen hoxe no planeta, Yencken usou para o xogo só 80; porén, iso non o fai máis doado, nin moito menos. Resulta relativamente sinxelo distinguir o francés, o alemán ou o xaponés; mais a cousa ponse realmente dura cando o que toca é escoller entre o tamil, o húngaro, o tibetano... Uf! A poñer en marcha todo o teu oído e a túa intuición.

E o mellor é que, cando remata a serie, aparece unha información detallada sobre as tres linguas nas que se cometeron os erros.

En fin, poucas formas máis lúdicas coñezo para nos achegar á realidade da diversidade lingüística. Fantástico e adictivo! A xogar! Cal será o teu récord? 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...