E xa van seis! Quen o ía dicir?! Uf!
Mais... Aquí seguimos, de momento.
Para celebralo, porque me peta, porque me presta, unha de Ataque Escampe, de aló polo 2012.
Coa curiosidade dun neno que todo o quere saber, decidiuse a pescuda-lo máis inmediato. ¿Onde era que se atopaba? Non tería máis que preguntalo, pero a aquela hora íalle ser un pouco difícil, por non dicir dificilísimo, dar con alguén naquel lugar tan arredado. ¡Sorte que trouxen comigo unha desas «caixiña dos saberes», que os vellos trasnos nos recomendan levar ós novos cando saímos de viaxe!, pensou.
Tratábase, xa que logo, dunha caixiña enfeitizada que contiña información do lugar no que se atopase en cada intre. E como era máxica, había que entendela e coñece-las claves para que funcionase ben, pois cada unha era un exemplar único.
Ode aos ratos
Rato de rua
Irrequieta criatura
Tribo em frenética proliferação
Lúbrico, libidinoso transeunte
Boca de estômago
Atrás do seu quinhão
Vão aos magotes
A dar com um pau
Levando o terror
Do parking ao living
Do shopping center ao léu
Do cano de esgoto
Pro topo do arranha-céu
Rato de rua
Aborígene do lodo
Fuça gelada
Couraça de sabão
Quase risonho
Profanador de tumba
Sobrevivente
À chacina e à lei do cão
Saqueador da metrópole
Tenaz roedor
De toda esperança
Estuporador da ilusão
Ó meu semelhante
Filho de Deus, meu irmão
Rato
Rato que rói a roupa
Que rói a rapa do rei do morro
Que rói a roda do carro
Que rói o carro, que rói o ferro
Que rói o barro, rói o morro
Rato que rói o rato
Ra-rato, ra-rato
Roto que ri do roto
Que rói o farrapo
Do esfarra-rapado
Que mete a ripa, arranca rabo
Rato ruim
Rato que rói a rosa
Rói o riso da moça
E ruma rua arriba
Em sua rota de rato
Un lobo rubio roe un loro duro.Outro exemplo máis da arte ludolingüística de Chico Buarque.
Se un lobo rubio o roe, un loro duro o remoe.
E se a identidade real das marcas estivese oculta nun anagrama do logotipo da súa empresa? Ás veces con inxenuidade, ás veces cun pouco de malicia.
Masterfarmer. Un talent show para dar co mellor labrego galego. Un Masterchef agropecuario, con emocionantes probas eliminatorias: carreiras de tractores, muxido contrarreloxo, habilidades co fouciño e co sacho… Espectáculo asegurado!
Pesadelo no furancho. O cociñeiro máis rabudo que se dea atopado encargaríase de visitar furanchos en apuros e de poñelos ao día con man firme. Ningún cliente insatisfeito nos establecementos máis enxebres do país!
Tunéame o tractor. A versión galega de Pimp my ride, da MTV. En lugar de modificar e embelecer coches, tocaría facelo cos tractores do noso rural: un John Deere rosa que pega chimpos, un Lamborghini con tapizado de leopardo... Dispararíanse as audiencias!
Sanxen Shore. A nosa capital do veraneo: sol, praia, marcha nocturna... O lugar ideal para a remuda na franquía Shore (despois de Jersey e Gandía). Primeiro un coidado casting, despois os especimes autóctonos afortunados compartirían o seu día a día coa audiencia: «chiringos» de praia, rituais de ligoteo, body culture, festas gastronómicas... Ei, carballeira!