Gañar 2.190.000 euros nunha hora escasa, e ademais facelo a base de resolver xogos de palabras: esta foi a proeza de Eduardo Benito, un comercial madrileño, no coñecido programa Pasapalabra aló por maio do 2009.
Este concurso, versión castelá do orixinal británico The Alphabet Game, é célebre pola súa espectacular rosca final na que o participante, se quere levar o bote, debe adiviñar as 25 palabras en orde alfabética, nun límite de tempo.
Pasapalabra ben merecía un oco en Xogosdelingua, mais non só pola súa edición televisiva, senón tamén polo regueiro de diferentes formatos que xerou: xogos de mesa, xogos en liña, apps...
Ningún comentario:
Publicar un comentario