Gemma O’Brien é unha artista australiana que sente paixón polas letras feitas á man. Tipógrafa e ilustradora de enorme talento, realizou traballos para Vodafone, Smirnoff, Canon ou The New York Times. A súa produción gráfica é do máis variado, desde o deseño de novas tipografías á elaboración de murais.
Unha das súas pezas máis populares foi unha especie de performance coa que «tatuou» todo o corpo con caracteres tipográficos, aló polo 2008. Recibiu o nome de Write here e concibiuse no marco dunha campaña para promover o deseño de graffitis en áreas designadas, en lugar de en propiedades alleas. Un ano despois foi convidada ao European Design Conference, en Berlin. Alí, ademais de dar unha charla sobre a súa arte tipográfica, gravou polas rúas da cidade alemá un novo vídeo inspirado no seu Write here orixinal.

Para gozardes do seu traballo aquí tedes unhas mostras. Podedes ver máis no seu blog persoal ou na súa páxina en Pinterest.
2 comentarios:
Estás nominado: http://zarampagalegando.blogspot.com.es/2015/04/black-wolf-blogger-awards.html
Grazas mil.
Sigo moi atento ás túas entradas. Como non tes gadget de "seguidores" no blog, acabo de anotarme como seguidor en google+.
Parabéns polo teu traballo tan orixinal!
Publicar un comentario