E seguimos coa nosa particular saga de Star Wars. Desta vez, cunha homenaxe á frase máis famosa do cine: «I’m your father». Ou polo menos iso afirmaban hai anos en Wikinoticia, á luz dunha enquisa feita entre 1500 internautas para a web Lovefilm.com.
Como vemos arriba, nós escoitamos «Eu son teu pai» na voz de Tacho González, o magnífico dobrador galego de Darth Vader. Un enunciado que pasou a engrosar a listaxe de oracións míticas que se fixeron populares nos anos dourados da nosa TVG, coma estoutras tiradas do sempre imprescindible Pelisdobradasaogalego.
Por certo, coñecedes Engale? Évos o recurso ideal para gozardes dos mellores filmes galegos e internacionais dobrados ao galego, on line e de balde.
E para lle poñer o ramo, aquí queda unha mostra multilingüística da transcendencia da paternal frase de Darth Vader: a súa versión dobrada en 20 linguas diferentes. Cales son as que máis bos gustan?

Ningún comentario:
Publicar un comentario