Miguel Bustos, ilustrador e diseñador gráfico de Barcelona, é o protagonista da nosa entrada de hoxe. A causa: o seu proxecto Humor se escribe con lápiz, un espazo en Instagram no que Bustos inclúe a cada pouco unha peza gráfica de humor ludolingüístico. Pezas nada requintadas que me recordan aquelas de The hay dias blog ou as de Kalle Mattson: un debuxo sinxelo e un xogo de palabras que, de forma automática, xeran unha asociación absurda e cómica. Canto se consegue con tan pouco!
«Eu considéroos chistes malos ou humor absurdo, mais é o tipo de humor que me fai rír», explica Bustos.
Pásavos a vós o mesmo?
1 comentario:
Graciñas, Rosa. Igualmente.
Publicar un comentario