De volta á actividade! E agora que na RAE están a piques de lle ofrecer unhas butacas aos redefinidores da palabra «corrupción», aí vai un palíndromo retranqueiro dedicado ao discurso político. A razón, sinxela: porque o primeiro que me trouxo á cabeza este enunciado reversible foi o hilarante episodio das explicacións da señora Cospedal, secretaria xeral do PP, sobre o pagamento en diferido do finiquito do seu ex-tesoureiro Luís Bárcenas.
O dicionario da Real Academia Galega define verborrea como ‘abundancia ou exceso de palabras, xeralmente inútiles ou baleiras de contido’. Provén do latín verbum ‘palabra, verba’ e do elemento de orixe grega -rrea 'fluxo', 'acción de manar' (como en seborrea, diarrea ou gonorrea). Unha voz ben acaída para describir a «habilidade» de María Dolores para converter en incomprensible o inexplicable. Claro que xa temos visto noutras ocasións como o discurso político é propicio para esa cháchara baleira e sen sentido.
Como agasallo final, os xenuínos mestres da arte da verborrea cómica, os irmáns Marx na escena clásica da «parte contratante da primeira parte», de Sopa de ganso (1933). Políticos de aquí e de acola, tomade boa nota!
Como agasallo final, os xenuínos mestres da arte da verborrea cómica, os irmáns Marx na escena clásica da «parte contratante da primeira parte», de Sopa de ganso (1933). Políticos de aquí e de acola, tomade boa nota!
Tradución:
A error, breve verborrea.For error, short verbiage.
Ningún comentario:
Publicar un comentario