John Keating: A man is not «very tired». He is «exhausted». Don't use «very sad». Use... come on Mr. Overstreet!Knox: «Morose»?John Keating: Exactly, «morose». Language was developed for one endeavor, and that is... Mr. Anderson? Come on, are you a man or an amoeba? Mr. Perry?Neil: To communicate.John Keating: No! To woo women!
John Keating: Un home non está «moi canso». Está está «exhausto». Non digan que está «moi triste», digan… Sr. Overstreet?Knox: «Desfeito»?John Keating: Exactamente, «desfeito». A linguaxe desenvolveuse por unha razón, e esa é... Sr. Anderson? Vamos, é vostede un home ou unha ameba? Sr. Perry?Neil: Para a comunicación.John Keating: Non. Para impresionar as mulleres.
O pouco convencional o profesor Keating subliñaba deste xeito, en Dead Poets Society (1989), a importancia de escoller as palabras axeitadas para cada momento. Porque todos sabemos que non é o mesmo «moi grande» ca «inmenso», nin «moi pequeno» ca «minúsculo», nin «moi limpo» ca «inmaculado»...
A noticia do suicidio de Robin Williams hai un par de anos deixoume fondamente conmovido. Un actor de enorme talento que admiraba pola credibilidade que daba a personaxes tan dispares como o excéntrico locutor de radio de Good Morning Vietnam! (1987), o loitador pai divorciado de Mrs. Doubtfire (1993) ou o solitario psicólogo de Good Will Hunting (1997).
En Dead Poets Society, filme coñecido entre nós como O Club dos Poetas Mortos, Robin Williams interpreta o inesquecible John Keating, un vitalista e inspirador profesor de literatura da conservadora academia Welton. Todo un Mestre, con maiúsculas, que incentiva nos seus alumnos o espírito inconformista e crítico e tamén o amor polas palabras. A través da poesía, busca demostrar o verdadeiro poder da linguaxe.
John Keating: Na miña clase aprenderán a pensar por vostedes mesmos. Aprenderán a saborear a palabra e a linguaxe. Porque, a pesar do que lles digan, a palabra e as ideas poden cambiar o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario