Aínda que no fondo son un nostálxico defensor da educación «presencial e analóxica» (Mediterráneo redescuberto, para ben, pola pedagoxía Waldorf –nós sempre no rabo do peixe–), día tras día quedo abraiado coas novas ferramentas tecnolóxicas aplicables no ámbito pedagóxico. Velaí van dous exemplos.
Primeiro, unha magnífica recitación do poema «Ás miñas costa calada» de Ramón Cabanillas (No desterro, 1911). Un audio gravado en PodOmatic por Joanna, unha alumna de 4º da ESO do IES do Porto do Son. PodoOmatic é un servizo en liña de publicación de podcast, de balde ata os primeiros 500 MB.
Ás miñas costas calada,
chegas nas puntas dos pés,
e coas mans tápasme os ollos
preguntando: quen son eu?
Pola música da vos
e as mans que tanto biquei,
polo cheiro a rosas frescas
que te envolve, seino ben;
sei que está detrás de min
o adorado corpo teu,
mais non abonda con sabelo
pra poderche responder.
As tempestás que te axitan,
o misterio que ti es,
o que gardas alá dentro...
nin o soupen nin o sei.
Ramón Cabanillas, No desterroE deseguido, unha presentación de Miguel Calvillo en Prezi, editor gratuíto de presentacións flash, do poema «Como un toro» de Miguel Hernández. Unha marabilla para amantes da tipografía animada e da boa poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario