Abraiante gif dunha escultura do suízo Markus Raetz (1943), célebre por crear pezas que encerran paradoxos visuais. De todas elas, a que máis me gusta é esta YES / NO, que convida a reflexións filosóficas: Que distancia hai entre o «si» e o «non»? É a realidade un concepto absoluto ou vén dada polo noso punto de vista?
Convídovos a coñecer as enigmáticas ilusións ópticas deste artista conceptual. Verdadeiros ambigramas tridimensionais que, sen dúbida, provocan a perplexidade do espectador. Podedes comprobalo neste vídeo con varias pezas súas. Un agasallo para os ollos... e para a mente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario