O pasado 23 de decembro, Eva Suárez Mougán publicou en youtube este videocurrículum, de orixinal feitura ludolingüística. Certamente ten mérito entretecer nun só encrucillado todo o conxunto de experiencias persoais (educativas, laborais, vivenciais...) que queres dar a coñecer. Só boto en falta, Eviña, algún dato de contacto!
A cousa está difícil e na procura de traballo resulta cada vez máis importante destacar, chamar a atención dos posibles empregadores. A creatividade pode marcar a diferenza! E a nosa protagonista dediciuse por condensar nunha peza audiovisual todo o que como persoa e como profesional pode ofrecer. Así, poderiamos darlle unha volta ao famoso dito: «un vídeo con encrucillado vale máis ca mil palabras». Parabéns pola idea!
Atoparía xa Eva traballo? Oxalá!
Ningún comentario:
Publicar un comentario