Olliño cunha lingua que conta con doce fonemas vocálicos e é capaz de construír frases prescindindo de todos eles. Así é o checo, ese endemoñado idioma eslavo que pode chegar a prexudicar seriamente o aparello fonador.
O caso é que o exemplo clásico deste curioso trazo da lingua checa é o trabalinguas Strč prst skrz krk, que significa algo como ‘mete o dedo pola gorxa’. Se queredes escoitalo, aí vai. Quen se arrisca a pronuncialo?
strč: P2 do imperativo do verbo strčit /strchit/ (‘meter’).
prst: substantivo en singular (‘dedo’).
skrz: preposición (‘a través de; mediante’).
krk: substantivo en singular (‘pescozo, gorxa’).
E isto é posible porque, en checo, as letras «r» e «l» poden entrar en combinación con outras consoantes actuando como núcleo silábico, igual que fan nosas vogais. Abraiante!
Como agasallo final, unha video-performance da artista multimedia checa Anna Friedlaender inspirada nesta impronunciable frase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario