1 de out. de 2014

Rap lipogramático



Andrew Huang é un músico estadounidense que se deu a coñecer a través dunha canle de seu en Youtube: Song Challenge. Nela presentaba diferentes traballos baseados na busca constante da experimentación e da creatividade: desde pezas coa única base sonora dos botes dun balón de basket a outras interpretadas en cinco idiomas distintos.

O enredo musical de Huang que máis me encheu o ollo foi este rap lipogramático. Un brillante exercicio de estilo no que prescinde por completo da vogal «e», na mellor tradicion ludolingüística de Laso de Hermione, Franz Rittler, Ernest Vincent Wright ou Georges Perec. Aquí podes atopar a súa letra completa.

Unha proba máis de que, ás veces, as limitacións e restricións poden ser un grande estímulo para a imaxinación.

2 comentarios:

A profa dixo...

Todo un reto este rap. Parabéns polo achado!

Carlos L. Medrano dixo...

Pois si, Pilar, unha rareza desas que me engaiolan. Unha aperta

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...