Hoxe toca outra doa para a nosa serie de enigmas. Desta vez, un deses clásicos enredos que xogan cos signos de puntuación. Papel, lapis e adiante!
A derradeira vontade de Romualdo Muíños
Romualdo Muíños, un rico comerciante, sentía que xa non lle quedaba moito tempo de vida. Por iso escribiu o seu testamento ás presas, sen coidar a puntuación:
«Deixo canto teño á minha irmá non ao meu sobriño xamais será paga a conta do alfaiate nada para os pobres».
E o caso é que, ao pouco de facer esta descoidada redacción do documento, Romualdo Muíños faleceu.
O día en que, perante notario, se intentou resolver o problema, a cousa non foi doada. Quen cres ti que herdou, finalmente, todos os bens do rico comerciante?
Solución ao enigma «O presente de Lewis Carroll» (5-1-2015):Trátase dun libro. Posiblemente o manuscrito de Phantasmagoria (un logo poema dividido en sete cantos e publicado en 1869). As «finas películas» son as follas e as «marcas» son o texto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario