7 de xul. de 2015

Círculos con historia



Con todos vós, o «circum relator», un sinxelo aparello ideal para impulsar a creación literaria, con textos de todo tipo: ben orais, ben escritos; ben narrativos, ben poéticos...

Consiste nunha serie de círculos concéntricos superpostos de xeito que é posible o xiro independente de cada un deles. Os círculos están divididos nun número igual de seccións que conteñen palabras. Unha posible secuencia sería, por exemplo, suxeito + verbo + complemento 1 + complemento 2. Como podedes ver arriba, hainos comercializados (en inglés) como xogo de mesa, mais tamén poden ser artesanais.


A idea é facer rodar os círculos, de forma aleatoria ou buscando á mantenta unha asociación de palabras que nos guste. Logo, a partir do poder evocador dese enunciado, cómpre poñer en marcha toda a nosa creatividade. Un técnica básica e efectiva que, polo seu espírito lúdico, recorda os fantásticos Story Cubes.

A probalo! Ideal para xogar en grupos! 

Solución ás voces do Elucidario de Amelia (30-6-2015): Angorafobia: medo irracional aos gatos persas orixinais. / Circoncisión: espectáculo circense consistente en cortarlle [de forma acrobática] o prepucio a un dos artistas. / Embarcanción: karaoke flotante. / Respirada: vaca tola. / Sornalista: periodista con moita retranca.

2 comentarios:

Churrusqueira dixo...

Boas, meu! Escríboche aquí porque non sei o teu correo. É só para recomendarche un blog que creamos este curso no CPI no que estiven traballando, no Saviñao. Trátase dun espazo do alumando, feito e administrado polos estudantes para expoñer os seus traballos orixinais.

O blog é puntogalego.blogspot.com.es

Carlos L. Medrano dixo...

Ando a voltas a unha nova entrada sobre adiviñas, e os vídeos de Puntogalego viranme moi ben.
Tamén me pareceron moi bos os xeróglifos.
Irán caendo, irán caendo.
Graciñas mil, compañeira.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...