Que arte ludolingüística a destes arxentinos! Les Luthiers, León Gieco, Juan Pablo Sáez... Unha restra de mestres do xogo verbal á que agora vou engadir un novo nome: Pablo Nemirovsky, un oriúndo de Bos Aires que se move como peixe polas augas da música e do palíndromo.
Boa proba é este vídeo do seu último proxecto musical: Hindustango. Interpretan a palindrómica «Ave se va». Música e texto compostos por Nemirovsky, ao bandoneón. A evocadora letra, de oído, sería algo así:
Ave sería, las alas al aire, se va.
Luz aroma ese amor azul.
Ave sería, las alas al aire, se va.
Unha mostra máis do fascinante magnetismo destes textos reversibles dos que o propio Nemirovsky dixo: «A palindromía, a escrita simétrica ou capicúa, está a medio camiño entre a arte e o deporte, un pouco como o xadrez».
Ningún comentario:
Publicar un comentario