Hai un tempo falamos do checo, ese diabólico idioma capaz de crear frases enteiras, como «Strč prst skrz krk», sen empregar unha soa vogal. Un verdadeiro desafío para a gorxa e para a lingua de calquera.
O caso é que sempre me fascinou a facilidade do galego xusto para o contrario: para formar enunciados sen que ningún tipo de obstáculo entorpeza a saída dos sons pola cavidade bucal, é dicir, sen consoantes e unicamente con vogais. Os sons ceibos das sete vogais galegas adoitan entrar en combinación para formar unha chea de palabras e enunciados: «Oíao», «Aí ía eu»...
Unha idea que levaba un tempo a me rebulir na cabeciña e que acabou dando orixe ao seguinte texto, que poderiamos considerar un «microrrelato aconsonántico». Ou, se cadra, o primeiro trabalinguas que non traba lingua ningunha.
Seguro que calquera de vós pode atoparlle aínda máis rendemento ás nosas vogais. Daquela, queda oficialmente convocado o 1º Certame de Microrrelatos Aconsonánticos en Lingua Galega. Quen se anima?
5 comentarios:
—Ei, oíu?
—Oía o «ai, ai, ai».
—Oíao!?
—Oía, oía... Oía o «i»...
—E a «a» óea?
—«A a» ou «o a»?
—«A a»... Ui, é «o a», ha, ha! Óeo?
—O «a»? Oio, ho! Eu oio o «ai», e aí hai o «a» e hai o «i».
—Aí ía eu.
—Ahhh...
Bravo, Héctor!
Realmente bo!
Quen máis se anima?
—Oe...
—Eh?
—Oe, ho...
—É o Eo?
—Éo, éo.
—Ohhh!
—He, he, he...
Oe aí ho!
Eu ia a Hio a Oia e ao Eo!
-Ao Eo?
-Aí, ao Eo ia eu.
-Aaaah!
Moi ben! Dous máis. Isto anímase!
Publicar un comentario