24 de nov. de 2015

Xeróglifos literarios








Desde Puntogalego, o «blogalego» do CPI Dr. López Suárez (O Saviñao), chégannos estes brillantes xeróglifos de tema literario e elaborados polo propio alumnado. Neles propónsenos descubrir o título oculto de grandes obras da literatura galega. Dá gusto ver como a canteira de xeroglifistas do país florece vizosa. Así que xa sabedes, a espremer un chisco os miolos para dar coa resposta. Non é difícil!

E se queredes crear os vosos propios xeróglifos, lembrade que aquí, en Xogosdelingua, dispoñedes como axuda dunha completa «Gramática xeroglífica».

5 comentarios:

Churrusqueira dixo...

Moitas grazas pola difusión do blog... pero trátase do CPI do Saviñao. En Friol existe un CPI homónimo.

Churrusqueira dixo...

Moitas grazas pola difusión do blog... pero trátase do CPI do Saviñao. En Friol existe un CPI homónimo.

Carlos L. Medrano dixo...

Mil desculpas. Amáñoo decontado. Unha aperta

Churrusqueira dixo...

;)

Churrusqueira dixo...

;)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...