Chegou o inverno no calendario e a cada pouco miramos o ceo preguntándonos cando chegará o inverno de verdade (a choiva, o frío, a neve...). Se cadra algo así lle ocorreu hai uns anos á deseñadora gráfica alemá Lisa Rienermann, ata que descubriu no ceo urbano todas as letras do alfabeto.
Deste xeito conta ela como deu con esta insólita tipografía (vía microsiervos).
Todo comezou polo Q. Estaba nunha pequena rúa de Barcelona e, ao ollar cara a arriba, vin as casas, o ceo e as nubes. A área escurecida deixaba albiscar unha forma no ceo que parecía un Q. Esa foi a idea da técnica. Pensei que se un Q me atopou a min, eu daría atopado o resto do alfabeto. Daquela pasei semanas ollando para o ceo, esculcando o resto das letras entre as casas.Unha nova tipografía creativa para a nosa colección.
4 comentarios:
Marabilloso e celestial alfabeto!
Xa imaxinaba que che ía gustar. Esculcar con outros ollos os espazos urbanos vese que ten o seu aquel.
http://g1.globo.com/mundo/noticia/2016/01/as-26-letras-do-alfabeto-em-imagens-da-terra-colhidas-pela-nasa.html
Que marabilla! Dereitiño para a colección de alfabetos nunha vindeira entrada. Graziñas mil, Churrusqueira!
Publicar un comentario