20 de maio de 2016

Días de tolos

 

Uf! Que días de tolos! Un tan cómodo no seu anonimato e, de súpeto, con motivo da cifra redonda dos 10000 xeróglifos, a xente de La Voz decide dedicarme a contra do xornal o mesmiño Día das Letras, e con vídeo na web incluído. Graciñas mil a María Cedrón e a Paco Rodríguez polo seu traballo.

E pola tarde unha nova sorpresa: a chamada de La Ventana, da cadea Ser, para unha entrevista! Aquí vos deixo o audio da charla con Carles Francino (entre os minutos 39:00 e 47:20).


En fin, desculpade esta paréntese autorreferente no blog. Estou, como diría alguén que coñezo, que non me colle un gran de millo no cu! Ha, ha!

2 comentarios:

A profa dixo...

Cun mes de atraso, pero todos os meus parabéns.

Carlos L. Medrano dixo...

Graciñas, Pilar.
Cousas de ir un facéndose vello: axiña pasan 10000 días! ;-)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...