10 de xuño de 2016

Lewis Carroll en Silleda

 

Aló, hai cousa dun ano, co gallo do 150 aniversario da publicación de Alicia no país das marabillas, a rapazada do IES Pintor Colmeiro de Silleda xa xogou a desenredar a lea de cuñados, pais e sogros da cea do gobernador de Kgovjni.

Como nos conta Cibrán (Carta Xeométrica) na publicación anterior, este e outros enigmas matemáticos de Lewis Carroll integraron unha actividade que implicou todo o centro. Deseguido vedes a propia Alicia, o gato de Cheshire, a raíña Vermella, a eiruga azul e a Humpty Dumpty presentando por todos os recunchos do centro outros retos matemáticos. Aquí podedes lelos e, se vos presta, xogar con eles.





Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...