Achégase a febre consumista do Nadal. Ollo! A tomalo con calma! Non nos deixemos levar por antollos propios e alleos. Como o do palíndromo ilustrado de hoxe.
E como obsequio ludolingüístico, moito máis acaído, dúas adiviñas tiradas da nosa Biblia das adiviñas: ¿Que cousa é cousa...?, de Paco Martín.
No seu capítulo final, o volume recolle unha manda destes xogos de enxeño que amigos de aquí e acolá crearon para a ocasión. Nas palabras do propio Paco Martín:
Oitenta e catro autores galegos ofrecen eiquí 206 adiviñas orixinais que, estamos certos, pasarán a formar parte da cultura popular o que nos ha satisfacer a todos.
Neste caso, seleccionei dous doados enigmas relacionados co tempo no que andamos. Seguro que os dades resolto.
A todo lle pon coroa,
alisa montes e chaos.
Ás veces voa,
ás veces queda, inerte.
Auguiña pra ter nas maos,
auguiña que non se verte.
Uxío Novoneyra
Porque teño cereixas bonitiñas
que no monte me comen as pitas
no Nadal me queren coller para adorniños me poñer
e foden as maus coas agullas das miñas follas verdeoscuras.
Ramón Reimunde
Tradución:
A Papá Noel: león a papá.
For Santa: a lion for dad.
Ningún comentario:
Publicar un comentario