Habíavos unha chea de tempo que non se sumaba unha nova canción ao noso karaoke. E por fin chegou... «Chocolata», unha canción infantil chea de engado que conta a historia do hipopótamo femia Chocolata e do seu baño diario.
Esta peza musical, xunto con outras once, forma parte Contos en cantos, un libro CD-DVD de Almudena Janeiro que mestura contos e música e que foi coeditado aló polo 2008 por PAI Música coa editorial OQO.
A idea partiu da propia Almudena Janeiro, que compuxo doce cancións que recrean libremente outras doce as historias dos libros de OQO. A editorial aceptou o proxecto e ben que se agradece!
Pois veña, a cantar! E ollo con ese refrán con aire de trabalinguas!
Chocolata, chocolata, chocolata, choco, choco, la.
Chocolata, chocolata, chocolata, choco, choco, la.
Ningún comentario:
Publicar un comentario