.
Na costa galega dise «Para mariñeiros, nós!» co mesmo sentido de orgullo autóctono con que en toda Galicia se di «Terra, a nosa!». Un título acaído, abofé, para a fachenda mariñeira Pinto (Suso Lista) e Cobiñas (Manuel Castro), os protagonistas da serie de humor que cada semana podemos ver en V Televisión.

A idea orixinal é do propio Suso Lista, que, ademais de actor, é guionista da serie. A súa gran vantaxe é coñecer ben a materia prima dos argumentos, pois no seu día foi percebeiro (actividade que acabou deixando por un problema de saúde).
.
.
Historias breves, unha particular visión do mundo e moita retranca: ingredientes básicos da caldeirada de «Para mariñeiros, nós!». Iso sen contar a riqueza do seu galego: gheada, seseo, fraseoloxía mariñeira... Todo un tesouro!
.
.
Como vemos capítulo anterior, antes de saír ao mar en días de treboada, sempre é mellor quedar na taberna a facer encrucillados e beber anís. E máis na Costa da Morte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario