E a familia «-grama» segue a medrar. Hoxe toca o abecegrama: unha técnica que se encadraría no que podemos chamar «literatura lúdica».
En que consiste? Pois en crear un pequeno texto, narrativo ou lírico, con palabras cuxas iniciais se dispoñen por orde alfabética, é dicir, a primeira comeza por «A», a segunda por «B», a terceira por «C» e así sucesivamente ata rematar cun vocábulo iniciado por «Z».
Escribir un texto con esta restrición non é doado. Con todo, resulta un divertido desafío para o noso enxeño e para a nosa creatividade. Case un pasatempo.
Velaí vai un abecegrama da miña colleita:
E aquí e aquí tedes outros abecegramas en galego pendurados na rede.
Animádesvos a crear un?
Ningún comentario:
Publicar un comentario