Ás veces é a imaxe a que mellor revela as posibilidades humorísticas e conceptuais da linguaxe. Xa o temos visto moitas veces (aquí, aquí...). E así o demostra tamén o artista gráfico e ilustrador omaní Nabhan Abdullatif con pezas como as que encabezan a entrada e que comparte con todos nós en DeviantArt. Todo lle vale: frases feitas (He’s so cool!, You can count on me), calembur (choco-late), polisemia (sweet ‘do sabor do azucre’- ‘larpeirada’) ou simetrías gráficas (ME - WE).
Adiante! Botade unha ollada e seguro que gozaredes con estas ilustracións cheas de creatividade e sentido do humor. Poucas veces resultou tan acaído o lema de cabeceira deste recuncho: In the beginning was the pun. E non fai falta ter un gran nivel de inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario