2 de xuño de 2014

Letras por aquí e acolá



Quen se entretería na busca de letras en canto recuncho hai ao noso arredor? Un «N» no marco dunha porta, un «O» na roda dun coche, un «L» no banco dun parque, o «E» nos madeiros dun valado... Pois alguén de alphaartdesigns propúxose poñer en práctica este xogo e comezou a fotografar letras, letras e máis letras.

A web comercial alphaartdesigns ofrece fotografías artísticas de letras formando palabras, e ademais enmarcadas. Escribes a túa palabra, ata un límite de oito letras, e despois só tes que decidir se che gusta o resultado ou prefires trocar algunhas das letras na súa ampla galería.

Para saberdes máis, velaquí o vídeo que promociona este sitio.


Solución aos chistes de Xoán Andrade (22-5-2014): antítese (pequenas - grandes), polisemia (dixitalrelativo ou pertencente aos dedos’ - dixitalque codifica os datos con números que se expresan co sistema binario’), paronimia (tensión - pensión), eufemismo (lavadura - residuos orgánicos).

5 comentarios:

Churrusqueira dixo...

Encántanme esas imaxes onde se agochan as letras... e en relación con outra entrada do teu blog, confeso que eu non podo pasar por diante de nada que estea escrito sen o ler. Xa procurei na rede para saber se iso era grafofilia ou lectofilia, pero penso que non lle acae ningún dos dous termos. O primeiro (que tamén me pasa)é a paixon por escribir á man. E o segundo penso que fai referencia máis ben á lectura de libros; pero no meu caso non hai discriminación de estilo. A min a vista váiseme a calquera cousa escrita: tanto teñen as etiquetas dos xampús como as notas nos portais, os graffiti nos muros ou as ofertas no super. Buf!

Carlos L. Medrano dixo...

Pois si, Churrusqueira, éche o que nos ocorre aos "rariños" con paixón polas palabras. Eu ando a voltas cun proxecto con palíndromos e non podo evitar ler ao revés canto texto pasa diante dos ollos. Cada "noiva" convérteseme nun "avión". En fin...

Churrusqueira dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Churrusqueira dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Churrusqueira dixo...

Un invernal moi simple, de agasallo:

Soña a luz, azula años
e vén a neve.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...