Para dar cun tesouro, ás veces non é preciso levar mapa. Basta navegar sen rumbo e ter o ollos ben abertos. É o que me sucedeu coas «Palindrotiras», do malagueño José Pablo García.
Este ilustrador e debuxante «de mente reversible» deu a coñecer estas magníficas pezas palindrómicas, polas que devezo, en «La croqueta», revista virtual que «se inspira en el objeto comestible homónimo y pretende albergar en su interior todo tipo de exquisiteces creativas, como si fueran trocitos de pollo, jamón, boletus o roquefort».
Historias cómicas e surrealistas gobernadas pola inflexible trama do texto capicua.
Unha relación entre palíndromo e cómic que xa tivo o seu espazo en Xogosdelingua e que, de seguro, volverá merecer outras entradas.
2 comentarios:
Acabo de atopar esta restra de palíndromos:
http://coletiva.net/colunas/2015/05/palindromania/
Moitas grazas, Cibrán.
Moi boa a referencia.
Publicar un comentario