Non me prestan nadiña eses «Días de...» con notorio espírito comercial. Un deles, o Día do Pai. Mais o caso é que, con este relocente palíndromo acabado de saír do forno, non se me ocorreu ocasión máis propicia para publicalo. Aí queda, ben clariña, a inexorable influencia de fillos sobre pais.
E, con todo, se para mañá, día 19, alguén busca un agasallo orixinal, dei na arañeira con Ozocogz.com, outro espazo de deseñadores de camisolas que ben paga a pena. O ano pasado, como vedes deseguido, lanzaron por estas datas unha campaña ben xeitosa. Ou non?!
Ningún comentario:
Publicar un comentario