Xa vimos, con Lisa Rienermann, que mirar cara ao ceo con ollos famentos de letras pode axudar a descubrir alfabetos completos. É o mesmo que lle ocorreu á xente da axencia de publicidade Leo Burnett de Lisboa.
Nesta ocasión, a vista foi fixada na extensa arañeira de cables que corta o ceo da capital portuguesa e pola que circulan os seus carismáticos «eléctricos». De entre as multiples formas que o cruzamento aleatorio deses arames creou, en Leo Burnett tiraron o alfabeto completo, os números e tamén os signos ortográficos.
Naceu así a fonte LX Type, que pola colaboración da Cámara Municipal se converteu na fonte oficial da cidade.
Unha tipografía que pode ser explorada e descargada de balde na web do proxecto. Cada letra revela, ademais, un lugar emblemático de Lisboa a onde é
posible chegar en tranvía, transformando o alfabeto nunha magnífica guía
da cidade.
2 comentarios:
Boísimo!!!
Realmente bo, xaora!
Anímate, Churrusqueira, ti que tes tan bo ollo e tanto xeito coa fotografía!
Publicar un comentario