27 de xan. de 2013

Palíndromos para debuxar sorrisos


Que? Que vos parecen estas mostras de humorismo palindrómico?

Non hai moito dei na rede con estas orixinais pezas que xorden da ilustración cómica dun palíndromo. Se xa é difícil descubrir eses enunciados máxicos que se len igual de esquerda a dereita e de dereita a esquerda, máis aínda é de darlles expresión nunha viñeta cómica. O resultado: xenial!

Todos os debuxos proceden do libro Seres. O seu autor é un mozo arxentino que se dá a coñecer co pseudónimo, tamén simétrico, de Zaes Sáez. Por desgraza, pouco máis puiden descubrir del. Iso si, outras mostras do seu magnífico traballo podedes atopalas nesta ligazón.

Recomendo tamén visitardes o espazo onde descubrín este material. Trátase do blog do Movemento Rever (en castelán). Como eles mesmo indican, o seu obxectivo é difundir a literatura palindrómica: «unha arte que ata hoxe se mantivo agochada entre os xogos e as curiosidades lingüísticas». Unha literatura palindrómica que de seguro volverá asomarse por Xogosdelingua.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...